Paga en cuotas

Envío gratis a todo el país

Conoce los tiempos y las formas de envío.

Disponible 26 días después de tu compra

¡Última disponible!

  • 30 días de garantía de fábrica.

Información sobre el vendedor

  • +500

    Ventas concretadas

  • Brinda buena atención

Ver más datos de este vendedorSe abrirá en una nueva ventana

Descripción

O libro negro da lingua galega (OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA) Reseña del editor Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une. Biografía del autor Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidiu durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e dirixiu numerosas campañas a favor do idioma do país. Foi tamén promotor e portavoz nacional da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Na actualidade asume a presidencia de honra da Mesa. Ademais de varios estudos históricos e literarios, publicou o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e diferentes achegas sociolingüísticas, como Galegocalantes e galegofalantes (Xerais, 2017) e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011). O seu último traballo como poeta é A abertura da boca (2021). Pola súa obra recibiu, entre outros, o premio de ensaio Vicente Risco e o Careón á traxectoria literaria.

Preguntas y respuestas

Pregúntale al vendedor

Nadie ha hecho preguntas todavía.

¡Haz la primera!