Paga en cuotas

Envío gratis a todo el país

Conoce los tiempos y las formas de envío.

Disponible 26 días después de tu compra

¡Última disponible!

  • 30 días de garantía de fábrica.

Información sobre el vendedor

  • +500

    Ventas concretadas

  • Brinda buena atención

Ver más datos de este vendedorSe abrirá en una nueva ventana

Descripción

Conta nove estrelas (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante) Reseña del editor Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela. Esta arriscada decisión vaina levar a emprender unha incrible aventura xunto co seu irmán Udai, durante a cal desafiarán os límites do universo coñecido. Porque, como diría o avó Acasi, un sol nunca será idéntico a outro sol, pero a súa luz é igual de necesaria. Porque todos provimos dun mesmo, único e primeiro latexo. Biografía del autor Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre nas modalidades de narrativa e poesía, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela polo seu relato «Cando foi a última vez que pasou fame de verdade?». A súa primeira novela xuvenil, «Proxecto Bolboreta», foi publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia. Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra «Violeta Tamurana» (2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con «Nubes de evolución» (Xerais 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014. Con «Volverás, golfiño» (Xerais 2014) quedou finalista do Premio Merlín en 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Europa Express» (Xerais 2015). En 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con «O que sei do silencio» (Xerais 2018). Coa novela «Conta nove estrelas» (Xerais 2019) gañou o Premio Lazarillo en 2018, e con «A folla azul» (Xerais 2021) gañou o Premio Merlín 2020.Paula Mayor (A Coruña, 1975). Desde que de pequena descubriu o mundo da ilustración non o abandonou. Deste xeito, a súa profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico como maquetadora, infógrafa, deseñadora téxtil e editorial, animación e publicidade etc. Comezou así unha traxectoria que lle permitiu compaxinar o seu labor coa paixón polo debuxo. Ten traballado en moitos e diferentes ámbitos da ilustración, como libros infantís e xuvenís, portadas, carteis para organismos oficiais... e o seu traballo foi premiado en varias ocasións (tanto en ilustración como en deseño gráfico e cómic). Así mesmo, participou en diversas exposicións colectivas. Pódese ver unha mostra do seu traballo en www.paulamayor.es. Instagram: @paulamayorart

Preguntas y respuestas

¿Qué quieres saber?

Nadie ha hecho preguntas todavía. ¡Haz la primera!