Paga en cuotas

Llega gratis el jueves 30 de mayo

Retira gratis a partir del jueves 30 de mayo en servicios de encomiendas y otros puntos

Ver en el mapa

Disponible 26 días después de tu compra

¡Última disponible!

  • 30 días de garantía de fábrica.

Información sobre el vendedor

  • +500

    Ventas concretadas

  • Brinda buena atención

Ver más datos de este vendedorSe abrirá en una nueva ventana

Medios de pago

Tarjetas de crédito

¡Paga en hasta 6 cuotas!

Tarjetas de débito

Descripción

O lapis do carpinteiro (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA) Reseña del editor O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria. Biografía del autor Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); «Un millón de vacas» (1989), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (1991); «En salvaxe compaña» (1994), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «Bala perdida» (1996); «O lapis do carpinteiro» (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (2000); «As chamadas perdidas» (2002); «Contos de Nadal» (2003); «Os libros arden mal» (2006), novela, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (2010), «As voces baixas» (2012), «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes».

Preguntas y respuestas

Pregúntale al vendedor

Nadie ha hecho preguntas todavía.

¡Haz la primera!