Paga en cuotas

Llega gratis el martes 28 de mayo

Solo en Santiago de Chile

Comprando dentro de las próximas 3 h 43 min

Retira gratis a partir del martes 28 de mayo en servicios de encomiendas y otros puntos

Comprando dentro de las próximas 3 h 43 min

Ver en el mapa

Disponible 26 días después de tu compra

¡Última disponible!

  • 30 días de garantía de fábrica.

Información sobre el vendedor

  • +500

    Ventas concretadas

  • Brinda buena atención

Ver más datos de este vendedorSe abrirá en una nueva ventana

Descripción

Cancións para Ana Lúa (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante) Reseña del editor Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas. Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético á infancia. Se a poesía é irmá da música, estes poemas, de ritmo tan marcado, son un cántico á maxia, á fantasía e á imaxinación dos nenos e nenas. Escritos polo poeta e escritor Xavier Seoane, están magnificamente ilustrados por un dos máis recoñecidos artistas galegos do noso tempo, Xavier Correa Corredoira, que soubo traducir os poemas en imaxes de alta creatividade, beleza e lirismo. Biografía del autor Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.Nado na Coruña en 1952, Xavier Correa Corredoira é un recoñecido pintor, gravador e escultor. Xunto con outros artistas coruñeses dos anos setenta, iniciou a súa carreira artística vinculado ao grupo Galga. A principios dos anos oitenta, uniuse á creación do colectivo Atlántica, co que participou nas famosas exposicións de Baiona, Madrid, Salvaterra de Miño e Compostela. Artista inquedo e capaz, Corredoira experimenta con diversas disciplinas artísticas como a escultura, a cerámica, os murais, a pintura de cabalete ou o gravado. Xa nos anos oitenta constituíu, xunto con outros artistas coruñeses, a emblemática asociación local GrupOrzán, cunha vontade democratizadora do mercado artístico. Con este grupo participa na edición de ARCO 87. Nas súas obras son constantes as referencias á natureza, á literatura e ao propio subconsciente, cunha forte carga de sensibilidade. Nos últimos anos dedicou gran parte do seu traballo á escultura e ás grandes composicións cerámicas en espazos abertos, como medio de conexión máis directa coa vida mesma. Para Xerais ilustrou os poemas de Xavier Seoane que conforman «Cancións para Ana Lúa» (Xerais, 2021).

Preguntas y respuestas

Pregúntale al vendedor

Nadie ha hecho preguntas todavía.

¡Haz la primera!